Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pon a disposición da Xunta as referencias catastrais dos terreos para o novo centro de saúde

O alcalde Manu Lourenzo e o tenente de alcalde Pablo Garrido nun dos terreos

O concello de Soutomaior insta agora á Xunta a que inclúa nos orzamentos galegos de 2025 partidas específicas para a construción do novo centro de saúde.

O goberno local pon a disposición da Xunta as referencias catastrais dos terreos para o novo centro de saúde de Arcade, unha vez que o rexistro da propiedade e o catastro fixeron efectiva a inscrición das parcelas e o cambio de titularidade, respectivamente.

O proceso para a adquisición das parcelas viuse afectado por numerosas demoras debido, afirma o alcalde Manu Lourenzo “ao proceso de expropiación dos terreos iniciado polo anterior equipo de goberno e que fixo que a tramitación administrativa se estendese no tempo durante moitos meses. O alcalde sinalou que “apostar pola expropiación no canto de negociar os terreos foi un erro, xa que retrasou durante moito tempo a adquisición das parcelas, atrasando a súa vez o futuro comezo das obras de construción do centro de saúde”.

Uns trámites da expropiación que non remataron ata o pasado mes de abril cando o rexedor asinou na notaría a escritura de adquisición dos terreos. Feito este trámite reclaman agora que a Xunta inclúa nos galegos para 2025, as partidas específicas para a construción das novas instalacións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará