As previsións de Meteogalicia de cara a xornada de hoxe anuncian precipitacións que poderían deixar máis de 80 litros por metro cadrado en 12 horas e refachos de vento superiores aos 80 kilómetros hora.
A Dirección xeral de emerxencias alerta da chegada da primeira borrasca do outono que eleva o nivel de alerta na provincia: nivel laranxa por chuvias e nivel amarelo por vento.
A alerta por chuvia comeza este mércores ás 12:00 horas e prolongarse ata as 9:00 horas de mañá xoves. Segundo os prognósticos de Meteogalicia prevense que as chuvias acaden os 80 litros por metro cadrado en 12 horas.
Nas Rías Baixas as precipitacións poden acadar os 15 litros por metro cadrado nunha hora, dende primeira hora da tarde. Tamén se activa en Pontevedra o nivel amsrelo por ventos pero que afectará exclusivamente ao interior da provincia.
A alerta amárela esténdese ao mar, con ventos de 50 kilómetros por hora que provocarán ondas superiores aos 4 metros.