Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vera Vázquez do TMKiteClub de Cesantes proclamada subcampioa de España e terceira do mundo en freestyle

WhatsApp Image 2024-09-18 at 17.36.59 (2)

Fotos de Samuel Cárdenas

Vera Vázquez do TMKiteClub de Cesantes recolleu a prata no campionato de España e o bronce no campionato do Mundo na categoría Sub 19 da modalidade Freestyle dentro do deporte do Kitesurf. Ambas probas celebráronse a comezos de setembro en Cádiz, na cidade de Tarifa, onde se deron cita os mellores riders do mundo durante dúas semanas.

O Campionato de España de Kiteboarding SKL 2024 celebrouse en Tarifa, na praia de Valdevaqueros, que volveu a agasallar unha xornada de kitesurf emocionante cunhas finais de moitísimo nivel nas distintas categorías e que desde Tumbao puideron gozar millerios de asistentes. Alí, Vera Vázquez do TMKiteClub de Cesantes proclamouse subcampioa de España de Kitesurf na categoría Sub19 en freestyle, a pesar de levar a penas un ano adestrando nesta modalidade.  Esta é a segunda vez que participa, tendo en conta que o ano anterior presentouse para “probar e pasalo ben”. Durante esta edición xa foi máis preparada e quedou de segunda, superada pola sueca Charlotte Losserand por moi poucos puntos.

“A idea de participar en campionatos xurdiu o ano pasado”, Vera Vázquez.

Durante o Campionato do Mundo da G.K.A. 2024 junior levado a cabo pola Spain Kiteboarding League tamén en Tarifa, Vera Vázquez recolleu o bronce superando desta vez á sueca Charlotte Losserand que quedou de cuarta. Aos dous primeiros postos do podio subíronse dúas francesas: a gañadora Phoebe Rocher e a subcampioa Ela Nowodzinski.

“Coñecín a xente de Chipre, Australia, Italia, España, Fracia e Brasil, entre outros países”, Vera Vázquez.

Non foron poucas as circunstancias adversas as que tiveron que enfrontarse, con ventos fortes que complicaron as competicións, sen embargo o xurado adaptase tamén ás condicións do medio e valora a capacidade de resolución en calquera circunstancia. Condicións de levante con forza extrema nalgúns refachos deixaron patente a versatilidade e profesionalidade de todo os competidores que tomaron parte no evento. Unha experiencia única que Vera Vázquez valora de forma moi positiva, xa que a pesar das condicións adversas conseguiu subir ao podio nas dúas competicións.

“En freestyle hai distintas familias de trucos e o xurado valora a altura, destreza, aterrizaxe e fluidez”, Vera Vázquez.

A rider de Cesantes móstrase moi contenta, pero cunha “sensación amarga” polos resultados , xa que considera que podería chegar aínda máis lonxe. Unha moza competitiva que se marca como obxectivos de cara ao ano que vén chegar a ser campioa de España e do mundo.

“Estou moi contenta e fun sen expectativas, pero unha vez na competición queres chegar o máis lonxe posible”, Vera Vázquez.

Para lograr estes obxectivos adestra, cando o tempo o permite e sobre todo en verán, na auga e tamén en terra para prepararse fisicamente. O TMKiteclub de Cesantes está en crecemento e é considerado o máis grande de Galicia. “Axúdanme a adestrar Fran, Berto, Iago e Felipe que son tamén deportistas do club con moita experiencia nas costas”, sinala Vera.

“Adestro en Cesantes, onde hai vento case todolos días do verán”, Vera Vázquez.
“O club está aberto a novas deportistas”, Vera Vázquez.

O club inaugura a tempada do kitesurf galego coa organización do Campionato Galego de Kite, en colaboración co Concello de Redondela, que se celebra cada ano a finais de maio na Praia de Cesantes. Ademais, tamén celebran o KiteFest Xunta de Galicia que consolida a Cesantes como lugar de referencia do kite nacional. Unha cita organizada polo TMKiteclub e o Concello de Redondela que congrega no mes de xullo a un bo número de afeccionados e curiosos e a case 90 riders de toda España para competir na nosa enseada. Poderemos ver o ano que vén a Vera Vázquez “lucir” o seu bo facer na auga durante estas datas sinaladas no noso municipio.

Entrevista completa con Vera Vázquez do TMKiteclub de Cesantes.

Fotos de Samuel Cárdenas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará