Un total de dez vilas galegas convocan mobilizacións nunha xornada que busca amosar o apoio do pobo galego aos palestinoa que continúan sufrindo os ataques do estado de Israel.O colectivo por palestina de Redondela reunía hoxe a un cento de persoas ás 11:00 horas ás portas dos bancos BBVA e Santander para informar os e as consumidoras de cómo estas entidades se están a lucrar coa ocupación palestina.
A continuación celebraban un faladoiro sobre Palestina baixo os soprotais do concello. Unha actividade de loita contra o xenocidio e a ocupación en Palestina que continúa ademais luns tras luns dende hai meses co obxecto de “non normalizar” unha guerra inxusta. A cita segue a congregar todas as semanas a veciños e veciñas que se concentran na praza do Concello para amosar a súa repulsa polo que está a acontecer en Oriente próximo, con máis de 42.000 palestinos asasinados, a maioría civís, que morreron neste doce meses obxectivo do estado sionista.