Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os equipos sénior masculino do BM Chapela e SAR eliminados da Copa Federación

417418838_890841436384118_2325968122087307306_n

Os sénior da SAR e do BM Chapela quedaron eliminados da Copa Federación Primeira Autonómica durante as semifinais que tiveron lugar este fin de semana.

A fase de grupos da Copa Federación celebrouse a fin de semana anterior e desenvolveuse cun derbi redondelán entre SAR OP Mobility e BM Chapela. Un partido moi axustado no que os xogadores da SAR conseguían a vitoria cara o final por 32-28. “O público na Bomboneira viviu un derbi vibrante, onde ambos os equipos ofreceron un espectáculo digno da rivalidade entre Redondela e Chapela, deixando claro que este tipo de encontros son sempre especiais e disputados ata o último segundo”, explicaban dende a directiva da SAR.

Este partido deu paso as semifinais que puideron disputar ambos equipos. Por un lado, SAR OP Mobility recibiu ao a Seis do Nadal Coia cun resultado de 24-26 que  os elimina da competición. Por outro lado, o primeiro equipo do BM Chapela  visitou ao Poio cun resultado de 35-27. Os locais fixeron valer a súa experiencia e loitaron ata o final, sen embargo non puideron facerse co pase á final.

En canto ao sénior feminino de Primeira Autonómica, as mozas do Cies Obra Civil Balonmán Chapela continúan coa competición da Copa Federación. O primeiro partido foi o 22 de setembro, recibiron ao  Avatel Balonmán Tui e perderon por un gol. O resultado foi de 26 fronte a 27. A segunda xornada da Copa estaba prevista para este fin de semana pero aprazouse e finalmente terá lugar o 13 de outubro contra o BM Porriño. Mentres que as mozas da SAR perderon o seu encontro da Copa Federación Autonómica contra o Guardés cun resultado de 30-22. O próximo fin de semana descansa e o 12 de outubro retoman a competición de copa contra o Lavadores.

BM Chapela na semifinal da Copa Federación
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará