Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior convoca aos propietarios das parcelas afectadas polo ecoparque empresarial

66573475f0-imaxe-dixital-do-proxecto-ecoparque-02 (2)

O goberno local manterá unha reunión este xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas na Casa do Concello coas persoas propietarias das parcelas da zona da Montesiña na que ten previsto construír un ecoparque empresarial. A esta xuntanza asistirá o arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro encargado de redactar o proxecto.

O obxectivo da reunión é explicar á veciñanza afectada este proxecto que busca converter Soutomaior nun potente foco de atracción de empresas, o que a súa vez axudará ao desenvolvemento económico de toda a zona.

Lembran dende o goberno local que o proxecto tamén contempla unha grande zona verde, dotando ao ecoparque dun carácter moderno e traballado con espazos de lecer. Un Ecoparque que está pensado para PEMES vencelladas co sector secundario ou comercial. De tal xeito que non suporá un incremento substancial do tráfico pesado e contribuirá a vertebrar o concello a través dunha zona urbanizada, ben alumeada e cunha superficie comercial dotada de dinamismo económico, vida e mobilidade.

O alcalde Manu Lourenzo, sinalou que “estamos a proxectar unha ampla área comercial e empresarial que suporá un antes e un despois para a vida en Soutomaior, trátase duna área empresarial rodeada de zonas verdes e instalacións deportivas que está chamada a ser un núcleo de progreso e de desenvolvemento económico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará