Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mal tempo, boa sidra

festa mazá

A parroquia de Santo Estevo bota man do seu tesouro máis prezado para celebrar a que é xa a XXIX edición da Festa da Mazá. Un evento que se desenvolverá os días 5 e 6 e contará coa directora de cine Diana Toucedo como pregoeira e a actuación cómica de Pepo Suevos. A tradicional oferta gastronómica este ano sumará o membrillo de mazá a outros pratos habituais como o bacallou con mazá, as brochetas con peituga de polo con mazá ou as sobremesas elaboradas con esta froita. Unha carpa protexerá aos comensais das inclemencias meteorolóxicas.

Sidra, gastronomía e cultura é o que nos propoñen dende a Asociación de Veciños de Negros que por primeira vez se poñen ao fronte da organización dunha cita que nacía no ano 1995 e que foi collendo pulo pola calidade dos seus produtos, con sidra e pratos elaborados con mazás da parroquia, e polo “bo ambiente” que se vive baixo a carpa que acolle a todos os comensais que se achegan durante o domingo a gozar deste evento.

Laura Posada, unha das fundadoras do evento, lembra que o primeiro ano xa foi todo un éxito de público. “Quedamos moi sorprendidos coa cantidade de xente que se achegou malia que había quen non apostaba porque unha parroquia tan pequena puidera facer unha festa destas características”. A cuestión económica tiveron que afrontala entre os propios organizadores “tivemos que poñer 5.000 pesetas, que naquela altura eran moitos cartos”.

Laura Posada, colaboradora e fundadora

A día de hoxe son ao redor de trinta as persoas que colaboran na Festa. Nos últimos días centraron os seus esforzos en apañar as mazás que son cedidas polos veciños. Con todo, explica o presidente do colectivo veciñal, Toño Figueroa “foi necesario mercar algúns kilos para chegar aos 3.000 que precisamos, porque este ano ao non chover moito non había tanto froito como se esperaba”.

Toño Cabaleiro, presidente da Asociación de Veciños

En canto a oferta gastronómica esta edicións deixanos algunha novidade: poderemos degustar membrillo de mazá que se suma a outros prato xa tradicionais como bacallau con mazá, brochetas con peituga de polo con mazá, lombo á mazá, costela con mazá ou a empanada. Unha festa que se fai grazas a colaboración desinteresada de ducias de veciños “que se encargan de doar as mazás, cociñar ou elabora a sidra”.

Alfonso Amoedo, tesoureiro

A directora de cine, Diana Toucedo, natural de Negros, será a encargada do pregón e, a continuación haberá humor co monologuista Pepo Suevos. Non faltarán tampouco as actuacións musicais para animar un evento “doce para esquecernos de todas as amarguras da vida” e que, tal e como nos lembraba Laura Posada “poderemos degustar a sidra aínda que logo teñan que conducir porque a sidra recén feita non ten alcohol”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará