Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade reabre o aparcamento da Avenida Xosé Solla con 60 prazas gratuítas

parkins soutomaior

O aparcadoiro da Avenida Xosé Solla situado ao carón do Cruce de Pierres volve a estar aberto ao tráfico, despois dunha actuación encamiñada a ampliar o número de prazas gratuítas neste espazo así como eliminar elementos do feísmo urbanístico. Unha obra desenvolta polo Goberno de Soutomaior e coa que dota o núcleo comercial de Arcade dunha bolsa de aparcamento gratuíto con case 60 prazas.

O aparcadoiro contará cunha regulación horaria en tramos claves para o comercio local, co obxectivo de fomentar o consumo e favorecer ás tendas de Arcade. Así, de luns a sábado, entre as 8:00 horas e as 14:00 horas, o tempo máximo de estacionamento será de tres horas.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, aproveitou a súa visita ao lugar para agradecer aos veciños e veciñas que cederon de maneira gratuíta os terreos colindantes ao antigo aparcadoiro para que se puidese acometer a súa amplaición que supón “un paso de xigante para solucionar o problema de estacionamento que Arcade leva anos a vivir”.Anunciou ademais que o obxectivo do seu goberno é habilitar máis de 100 novas prazas para estacionar neste e noutros aparcadoiros nos que están a traballar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará