Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela cifra en 65.000 euros anuais o custe dos actos vandálicos

pintadas

As pintadas no mobiliario urbano son algúns dos actos máis recorrentes

Rotura de mobiliario urbano, farois e balaustradas, pintadas en marquesiñas ou mesmo roubos de plantas e árbores son algún dos comportamentos incívicos que o noso municipio padece ao longo do ano. Reparar estes danos supón un investimento en torno aos 65.000 euros. Desde o Concello fan  un chamamento á responsabilidade e a colaboración cidadá “para denunciar calquera actividade sospeitosa”. O goberno local lamenta “o uso partidista que o PP fai deste actos incívicos dándolles publicidade”.

O concelleiro Roberto Villar lamenta “o prexuízo que estes actos irresponsables están á causar á cidadanía e ás arcas públicas”. O seu departamento supera os 50.000 euros ao ano en gastos derivados da rotura de mobiliario urbano, balaustradas, sinais de tráfico, e mesmo o roubo de vallas municipais. Outro dos problemas son as pintadas en marquesiñas e noutros espazos públicos que supoñen un importante gasto de limpeza. Tamén se teñen rexistrado ataques reiterados contra as luminarias da vía pública, con varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido.

Desde a concellería de Parques e Xardíns os actos de vandalismo afectan especialmente aos parques infantís, principlamente os situados no paseo da Xunqueira, o da Alameda Rosalía de Castro e o do Piñeiral do Crego en Chapela. O gasto por reparar e substituír elementos de xogo rotos ou en mal estado por causa de actos vandálicos é duns 15.000 euros ao ano. Os danos nos xogos veñen derivados de ataques intencionados e tamén polo un mal uso dos elementos de xogo “que están deseñados para o uso infantil, e rompen cando son empregados por rapaces maiores ou adultos”. O edil Pedro Villaverde lamenta que este tipo de actos vandálicos se estean a producir de xeito recorrente “xa que estas reparacións supoñen un gasto importante para as arcas municipais”. En canto ás zonas axardinadas tamén se dan roubos e roturas de plantas ornamentais e árbores, que deben ser respostas con cargo ás arcas municipais.

Chamamento á colaboración cidadá

Desde o goberno local de Redondela sinalan que estes ataques “xeran unha imaxe negativa do municipio” e advirten que os investimentos que se realizan con fondos públicos para mellorar os diferentes espazos “non serven de nada por este tipo de accións incívicas”. Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e a colaboración cidadá “para denunciar calquera actividade sospeitosa e protexer o patrimonio público que é de toda a cidadanía”.

O goberno local lamenta o uso partidista que desde o Partido Popular de Redondela se está a facer dos actos vandálicos, “facendo difusión nas súas redes sociais destes actos incívicos sen condenalos e dándolle publicidade, que é o que buscan os autores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará