Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior homenaxea as persoas maiores do concello cunha exposición fotográfica

1 (3)

A exposición titulada “Tesouros. Un periplo visual pola vida” está organizada polo Goberno de Soutomaior con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, que se celebra cada 1 de outubro. Está composta por fotografías de cada unha das persoas usuarias dos centros de día de Boas Apertas e Soutomaiores, así como algunhas fotografías antigas de Soutomaior, Arcade e a parroquia veciña de Pontesampaio. A mostra atópase no Multiusos de Arcade, e poderá visitarse ata o vindeiro sábado 5 de outubro.

A concelleira Rosana Comesaña explica que a idea xurdiu como actividade para un envellecemento activo, por todos os beneficios que pode traer a recompilación de recordos a través das fotografías. “As persoas maiores son grandes custodiadores da memoria e da tradición e queremos darlles visibilidade as súas historias, porque para nos eles son realmente un gran tesouro”.

Escolleron unha fotografía de cada usuario e usuaria segundo a súa relevancia e a mostra está composta por un cento de imaxes que adaptaron a un novo formato máis propio para exposición. Agrandaron o formato orixinal mantendo a calidade e facendoo máis grande para que se poida ver mellor e engadiron unha referencia debaixo delas co nome das persoas involucradas. “O día da inauguración foi todo un éxito e a intención e conservalas e incluílas no arquivo de Soutomaior”, Sinala Comesaña.

Representan realidades moi distintas, dende eventos familias a eventos sociais do municipio onde se poden ver “fotos moi curiosas e nas que chama a atención a valentía e figura da muller naquela época”, explica a Concelleira. Hai fotografías dun vagón de tren e destacan mulleres de entre 80 e 100 anos que se poden ver en situacións pouco habituais durante o réxime cando tiñan ao redor de 20 anos, algunha delas montada en bicicleta.

Despois do nadal a intención é seguir traballando nesta iniciativa e darlle máis contido a cada foto para idear novos proxectos e seguir fomentando o envellecemento activo no municipio. Os horario de visita todos os días serán de 10:00 a 13:00 horas.

O alcalde de Soutomaior sinalou que “esta exposición ten por obxectivo dar visibilidade as persoas maiores polo importante papel que desempeñaron na nosa sociedade durante décadas, sendo referentes nos seus respectivos ámbitos e converténdose agora en custodiadoras da memoria e da tradición”. Neste sentido, agradeceu o traballo desenvolto polos centros de día de Soutomaior, “coidando día a día das persoas que construíron o Soutomaior no que hoxe temos a inmensa sorte de vivir”.

Entrevista completa a Rosana Comesaña.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará