Enmarcada dentro do programa de dinamización da Lingua galega, a biblioteca en colaboración coa Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra convoca o VI certame de relato curto aberto á participación de todo o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de Pazos de Borbén así como aos usuarios dos Centros de Atención a Persoas con Diversidade Funcional tamén da localidade. O prazo para a presentación de traballos estará aberto a ata o 15 de novembro.
Hai un total de 7 categorías, unha delas orientada ás persoas con diversidade funcional mentres que o resto son categorías por grupos de idade.
Desde BIBLIOPAZOS animan a todo o profesorado, pais, nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria do certame que chega a súa 6º edición.
Os interesados en coñecer máis información sobre a actividade poden contactar coa Biblioteca no teléfono 986497273 ou no correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org