Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado e voluntarios retiran máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

lixo maceiras

Plásticos, restos de roupa e calzado, entullos… un total de 200 kilos de todo tipo de lixo foi retirado este venres polo alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello que se sumaron á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). 

O Concello colaborou co material necesario para a recollida dos residuos e a súa posterior retirada. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, sinala que estas xornadas buscan concienciar sobre a necesidade de manter limpos de residuos os cursos fluviais. O río escollido nesta ocasión foi o Maceiras, ao longo do paseo fluvial que é moi empregado pola veciñanza. A xornada de limpeza realizouse o venres, e nunhas poucas horas voluntarios e escolares retiraron 200 quilos de lixo, con moitos restos de entullo, téxtil, tanto roupa como calzado, e tamén plásticos.

Unha acción que serve para poner de manifesto a falta de concienciación da cidadanía que favorecen que estos residuos cheguen aos cursos fluviais provocando un daño ecolóxico importante.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza a participar en labores de voluntariado ambiental. Pilar Martínez avanza que ao longo do curso seguirán realizando campañas de limpeza e educación ambiental co alumnado dos centros de ensino do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará