Son un total de catro paneis instalados na rúa do Rial, no Pavillón da Montesiña, na Alameda de Talo Río e no Peirao de Arcade nos que se anunciará toda a programación municipal de actividades e se promocionarán os atractivos turísticos do concello. O goberno local salienta que este novo sistema de comunicación permite aforrar custos de cartelería en papel e reduce o seu impacto ambiental.
A instalación dos totems levouse a cabo grazas a que o Goberno de Soutomaior conseguiu unha subvención para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea ‘Next Generation EU’.
O obxectivo do Goberno é, pouco a pouco, instalar máis totems informativos noutros puntos do concello para reducir aínda máis o uso de cartelería en papel para a promoción da axenda municipal de actividades”.
Insisten no beneficio medioambiental e económico que supón para o concello “con esta iniciativa modernizamos a maneira de dar difusión a estas actividades, chegando a moitísima máis xente ao tempo que reducimos de maneira notoria o gasto en papelería que se viña facendo desde hai anos. Todos eses recursos que non teremos que destinar a papelería poderemos empregalos para mellorar aínda máis a axenda de actividades”, saleintou o alcalde, Manu Lourenzo.