Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

260 xogadores participan no XX Torneo de Petanca do colectivo Branco e Negro en Vilar

a60c47b9-3b9b-441d-9859-78f6533002ad

O XX Torneo de Petanca organizado pola Peña Cultural e Deportiva Branco e Negro, coa colaboración do Concello de Redondela, terá lugar do 8 ao 27 nas instalacións do centro cultural da parroquia coa participación de 260  xogadores de toda Galicia.

A Peña Cultural e Deportiva Branco e Negro de Vilar de Infesta naceu a raíz do equipo de fútbol fundado en xuño de 1983, catro anos despois incorporouse o deporte da Petanca e foi inscrito no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia en 1991. O seu presidente, Pedro Quijeiro Blanco, explica que “todo o patrimonio que posúe o club na actualidade foi conformado coas cotas e traballos dos socios e as subvencións de distintas entidades”.

“Son membro fundador e presidente dende o comezo no club e desenvolvemos tanto fútbol como petanca”, Pedro.

Nestes momentos consta dun equipo de fútbol afeccionado, un de petanca feminino con nove deportistas e catro equipos masculinos con 35 deportistas en total. Ao estar federados compiten a nivel galego e nacional, chegando a estar este ano entre os catro primeiros de Galicia e  cun equipo xuvenil que suma catro anos seguidos como campións galegos.  

“Este ano o feminino gañou o bronce en Galicia e representou á comunidade no País Vasco”, Pedro.
Campionato de España xuvenil 2024

Levan dúas décadas organizando o Torneo Branco e Negro e a súa evolución foi moi positiva, aumentando a participación ao logo dos anos. Polo que nesta edición contan con tres categorías distintas. Na categoría Primeira Masculina na modalidade Dupletas hai inscritos 29 equipos, na Primeira Feminina modalidade Dupletas hai 22 equipos e na Segunda Masculina na modalidade Tripletas hai 37 equipos. Entre todas, con xogadores titulares e suplentes, a participación é de aproximadamente uns 260 deportistas que pasarán polas instalacións (Baixada Eidos de Vilar nº 18 ) do club no transcurso da competición . Entre as distintas localidade podemos atopar xogadores que chegan de Lalín, Pontevedra, Negreira, A Coruña, A Guardia, Nigrán, Mos, Vigo e Redondela.

“Parece que comezamos o outro día, pero o tempo pasa”, Pedro.

Os martes, mércores e xoves compite a segunda categoría a partir das 20.00 horas da tarde co desenvolvemento de tres partidas cada día. A primeira categoría masculina xoga o sábado día 12 ás 9.00 horas e pola tarde ás 15:30. Os sábados 19 e 26 o horario será de tarde, mentres que o domingo 27 de outubro xogaranse as semifinais e finais coa entrega de premios prevista para ás 12:30 horas.

Haberá premios para o 1º, 2º, 3º e 4º clasificado das tres categorías e estes constarán de produtos gastronómicos con selo galego, ademais dun trofeo para cada club e unha festa a cargo da organización na que haberá comida e viño para os asistentes. Todo é de balde polo que agradecen aos patrocinadores, colaboradores e Concello pola súa aportación que fai posible este evento.

“O primeiro premio é unha caixa de marisco, o segundo unha de bacallau e o terceiro lacón con chourizos”, Pedro.

A tempada de petanca comeza en febreiro e despois deste trofeo comezarán a preparar o Open de Petanca que terá lugar o 7 e 8 de decembro.

Entrevista completa ao presidente Pedro Quijeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará