Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A humidade na pista da Bomboneira obriga a aprazar o primeiro partido de liga da SAR OP Mobility

462181955_1056081986526728_3306061608937895655_n

Foto de Patry Rivas

A SAR OP Mobility debutou este sábado na liga de Primeira Autonómica cun enfrontamento ante Luceiros B na Bomboneira. Desde o primeiro minuto, o equipo dominou o encontro, impoñendo o seu ritmo tanto en ataque como en defensa. Ao longo do partido, lograron manter unha vantaxe cómoda no marcador, sen que o rival lograse poñer en perigo a súa superioridade.

Con todo, cando faltaban 12 minutos para o final e cun marcador favorable de 29-22, os colexiados decidiron suspender o partido debido á condensación na pista, o que facía perigoso continuar. Tras unha avaliación das condicións, acordouse aprazar os minutos restantes para unha nova data aínda por fixar.

O equipo mantén boas sensacións para este desenlace pendente, onde buscarán selar esta primeira vitoria da tempada en casa.

Rocasa Gran Canaria – SAR Rodavigo (30-23)

As mozas da SAR Rodavigo  viaxaron ata Gran Canaria para disputar a terceira xornada da División de Honra Prata Feminina no pavillón Insular Antonio Moreno, enfrontándose a un rival de renome, o Rocasa Gran Canaria, que se mostrou superior en gran parte do encontro.

Desde o comezo, o equipo anfitrión deixou claro que ía ser un partido complicado para as mozas da SAR, cun ataque efectivo e unha defensa sólida que dificultou o avance rival. Ao descanso, o marcador estaba en 19-10.

Na segunda metade, o equipo redondelán pelexou por reducir a  diferencia pero non foi suficiente para remontar. O Rocasa soubo xestionar con intelixencia a súa vantaxe e levou a vitoria cun resultado de 30-23.

BM Poio Artai- BM Chapela (29-25)

Os  sénior masculino do BM Chapela debutou na Liga de Primeira Autonómica en Poio, e aínda que caeron derrotados ante un dos grandes favoritos, como é o Poio Artai, para eles foi un orgullo ver como os rapaces loitaron ata o final. O resultado foi de 29-25.

As mozas do BM Chapela de Primeira Autonómica teñen pendente xogar  unha nova xornada da Copa Federación que finalmente aprazouse.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará