Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama a súa inclusión no organismo que xestiona a Illa de San Simón

illa san simón

 O Concello non ten nin voz nin voto na Fundación Museo do Mar de Galicia, que integra a xestión da illa de San Simón. A Xunta de Galicia non convidou ao consistorio redondelán a participar nin a colaborar neste organismo, o que a alcaldesa, Digna Rivas considera “unha discriminación inxusta e inxustificable”.

A Fundación Museo do Mar de Galicia xestiona dende o ano 2022 a Illa de San Simón. Un organismo que non conta coa participación do Concello de Redondela “malia que así o solicitamos en varias ocasións, sen obter resposta” asegura Rivas quen puxo en valor o traballo feito dende a administración local dende 1986 pola recuperación da memoria histórica neste espazo.

Nas xornadas organizadas polo Consello da Cultural Galega celebradas en San Simón e nas que se abordou “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” a alcaldesa denunciou a discriminación “inxusta e inxustificable” que supón que o Concello non este presente nesta entidade. Reclamou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, eliminada na época de crise económica, pero que ao seu entender debería recuperarase co cometido “de facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, do programa de actividades, dunha correcta sinalización e contextualización máis aló da exposición recollida na illa de Santo Antón”. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, “darlle de novo vida e facela partícipe tanto de institucións como de asociacións e dos expertos académicos”.

Rivas aclarou que o Concello de Redondela “non está de acordo con converter a illa nun parque de atraccións nin en promover o lucro de empresas que explotan a nivel turístico o seu valor”. O Concello impulsa visitas á illa a cargo das arcas municipais, “pero pensamos que isto debe ser unha coxestión con outras entidades como a Xunta ou a Deputación para establecer un formato público para facilitar o acceso e as visitas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará