Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xan Leira: “Sempre é preciso reivindicar e poñer en valor a figura de Alexandre Bóveda”

alexandre bóveda

O escritor, guionista e produtor estará este xoves no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas co gallo da presentación do libro “Alexandre Bóveda: lume vivo, acesa chama”. Unha actividade organizada pola asociación cultural Alén Nós na que estará acompañado polo escritor Luis Chapela, o neto do galeguista, Valentín García Bóveda, a directora do colexio Alexandre Bóveda de Chapela, Noemí Moreira e Victor Manuel Fuentes por parte da organización.

“Alexandre Bóveda, Lume Vivo acesa chama” da autoría de Xan Leira editado por Memoria Documental de Galicia na colección Memoria Viva, rescata unha selección de voces e reflexións sobre a vida e obra de Alexandre Bóveda. Entre outras, as de Lois Tobío, Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Henrique Rabuñal ou Valentín García Bóveda.

O libro xurde co gallo da aniversario de Bóveda celebrado o pasado ano, recuperando e reunindo textos sobre a figura do galeguista no que se afonda na súa vida persoal, intelectual e política.

Xan Leira, escritor

Leira salienta “a modernidade dos plantexamentos económicos de Bóveda” malia ter sido fusilado con tan só 33 anos logo do levantamento militar de 1936. Fai referencia por exemplo as achegas económicas de Bóveda ao Estatuto de Galicia nas que falaba da necesidade dunha banca pública galega e insiste en que tanto esta como “outras moitas das súas reivindicacións aínda están por facerse”. Un pensamento que segue “vixente a día de hoxe” polo que compre seguir reivindicando “a figura e o pensamento dun dos intelectuais máis relevantes de Galicia”.

O acto contará cunha pequena proxección sobre un documental feito vinte anos atrás polo propio Leira baixo o título “Alexandre Bóveda unha crónica da Galiza Mártir”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará