Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto lírico de Dania Diva para recadar fondos para a curtametraxe “El grito de Callas”

el grito de callas

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 12 ás 20:00 horas un concerto de ópera a cargo da soprano Dania Diva. A actividade está organizada polo director arxentino Gastón López co obxecto de recadar fondos para financiar a rodaxe do audiovisual “El grito de María Callas” que está previsto finalizar nas vindeiras semanas.

A curtametraxe achégase á vida persoal e profesional da soprano María Callas “A Divina” que estará interpretada en pantalla pola actriz Uxía Blanco e a cantante Dania Diva, quen lle da vida sobre o escenario.

Gastón López, director

A trama combina elementos de traxedia, romance e autoexploración para achegarse á vida da artista e prevé estrearse no vindeiro mes de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará