Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres días de festa en Chapela para honrar a San Fausto

san fausto

A parroquia de Chapela acolle os días 11, 12 e 13 verbenas e actos relixiosos co gallo do seu patrón. Enmarcado dentro desta programación, organizada polo Círculo cultural e recreativo de Chapela, terá lugar a presentación do libro “Blues da Florida” de José G. Barral Sánchez, nos locais da asociación este venres ás 19:00 horas.

As actividades arrancarán o venres pola noite con verbena a partir das dez amenizada pola orquestra Escapare e Xtra.

O sábado ás 12:30 celebrarase a tradicional misa solemne cantada pola coral Frol nova na honra ao Cristo das Maravillas con procesión posterior e as dúas da tarde haberá actuación do grupo de gaitas Froles Mareliñas. A verbena nocturna estará amenizada pola orquestra Fueto e tic Tac.

A xornada do domingo os actos relixiosos serán tamén ás 12.30 pero na honra de San Fausto con procesión posterior. As 14:00 horas actuación do grupo de baile Anaquiños de Chapela e pechará o programa a música de Conect 3 a partir das dez da noite.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará