Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes, Chapela e Ventosela recuperan a súa toponimia

toponimia

As tres parroquias contan xa cun libro propio no que se fai repaso a súa toponimia. Camiños, lugares, fontes, ríos, leiras… son recollidos nestes libros elaborados por Xosé Couñago no caso de Cesantes, María Pol encargouse do estudo filolóxico da toponimia de Chapela e Olga Nogueira recuperou e categorizou os topónimos de Ventosela. Nas vindeiras semanas os libros presentaranse en cada unha das parroquias.

A iniciativa parte do Concello e segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas, o seu obxectivo é “poñer en valor, estudar e divulgar os topónimos das nosas parroquias”. Nese percorrido xa se levna publicados dez libros que se poden descargar da páxina web do Concello. Súmanse agora a esta colección os libros de microtoponimi de Cesantes, quen fixo o traballo de campo e o estudo filolóxico, o de Chapela, cuxo estudo filolóxico correu a cargo de María Pol sobre un traballo de campo previo realizado pola cooperativa TresPés e Ventosela, neste caso con traballo de campo e estudo filolóxico a cargo de Olga Nogueira.

Nas vindeiras semanas comezarán a presentación e reparto dos libros encadansúa parroquia. A primeira en Cesantes, o 25 de outubro ás 20 horas na Cultural de Cesantes e a segunda en Chapela  o 8 de novembro ás 20.00 horas no Piñeiral do Crego. En Ventosela está previsto que o acto de presentación teña lugar o 16 de novembro ás catro da tarde na Cultural A Miñoteira.

A alcaldesa, Digna Rivas, salientou tamén que Redondela é un referente en recuperación detoponimia, e está entre os cinco primeiros concellos de toda Galicia en número de achegas á web da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega chamada “Galicia Nomeada”.Redondela leva colocados arredor de 2000 topónimos, onde se pode consultar cada microtopónimo por parroquia e barrio, incluíndo a explicación da súa orixe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará