Os equipos locais nas diferentes ligas deixaron un fin de semana de derrotas en Preferente e Primeira Galicia. Sen embargo o CD Atlético de Villar, recén ascendido a Segunda Galicia, está demostrando a súa valía esta tempada e deixa a alegría da xornada cunha vitoria na casa contra o Colegio Hogar SR.
Preferente, Grupo 2
U.D. ATIOS – C.D. CHOCO (1-0)
O choco caeu derrotado na súa visita ao Atios na sexta xornada da liga en Preferente, nun partido tremendamente axustado e disputado, que se decidiu no último minuto a favor dos anfitrións.
Ambos equipos son favoritos para chegar aos postos altos da táboa xeral esta tempada e iso púidose apreciar no campo este domingo. O Choco trataba de librarse da presión local, que dominaron o comezo do partido, pero non conseguía saír á contra con perigo. Tras o descanso, os de Redondela deron un paso adiante e o Atios perdeu o control do partido. Despois dos cambios feitos polo adestrador na bancada conseguían selar a vitoria no minuto 90 cun gol de Eduardo Otero.
Despois desta derrota, os choqueiros sitúanse de terceiros pola cola na táboa xeral e con seis puntos acumulados gracias as dúas vitorias obtidas no que vai de liga. A próxima xornada visitan ao Verín CF.
Primeira Futgal, Grupo 5
CAMPO LAMEIRO C.D. – C.D. ARCADE (2-0)
O Arcade mantense no cuarto posto da táboa xeral con doce puntos gracias aos 4 partidos gañados en xornadas anteriores. Sen embargo, a súa visita ao Campo Lameiro rompeu a racha de tres vitorias consecutivas nun partido que dominaron os anfitrións dende o comezo.
O primeiro gol que recibiron os de Arcade foi no minuto uno, tentaron presionar e aguantaron ata o final da primeira parte na defensa, sen embargo o segundo gol chegou no minuto 35 e pouco máis puideron facer para darlle a volta ao marcador. A derrota rematou cun resultado de dous fronte a cero.
A próxima semana reciben ao Atlético Cuntis , equipo na metade da táboa.
C.D. SOUTOMAIOR – PUEBLA F.C. (0-4)
Os de Soutomaior xogaron na casa contra o Puebla FC, líder actual da categoría con seis vitorias consecutivas. Un partido complicado que rematou nunha derrota ampla para os anfitrións cun resultado de cero fronte a catro.
Con tres empates, unha vitoria e dúas derrotas os de Soutomaior sitúanse de decimo cuartos na clasificación. A próxima xornada visitan ao Marín CF.
Segunda Futgal, Vigo
C.D. ATLETICO VILLAR – COLEGIO HOGAR S.R. (3-0)
O CD Atlético de Villar conseguiu esta fin de semana a súa quinta victoria no que vai de tempada. Deron a alegría da xornada vencendo ao Colegio Hogar cun resultado de tres fronte a cero e sitúanse de sextos na táboa xeral. Este era un partido complicado xa que se enfrontaban a un dos favoritos da liga que se manteñen de terceiros no podio con doce puntos. A próxima xornada visitan ao Tebra FC.
Os goleadores foron Niocolás Alonso (51’), Diego Pérez (56’) e Miguel Samaniego (86’).