Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota da SAR Rodavigo contra o Valladolid en División de Honra Prata

462747992_1061845619283698_8146097752907723060_n

Foto de Patry Rivas

As mozas de División de Honra Prata Feminina da SAR Rodavigo caeron derrotadas na casa, no Pavillón Municipal da Bomboneira, contra o Valladolid cun resultado de 20 fronte a 24.

Segundo explica a directiva nas rede sociais, “a primeira parte do encontro comezou axustada, pero lograron obter unha pequena vantaxe de 2-3 goles que mantiveron ata o descanso, chegando cun 13-11 ao seu favor”. N a segunda metade, o equipo visitante foi axustando a súa formulación e logrou igualar o marcador (20-20, min 47). A partir de aí, o equipo redondelán “cometeu varias imprecisións en ataque que lle impediron volver anotar, mentres que o Vall Valladolid aproveitou as súas oportunidades e pechou o encontro cun 20-24 ao seu favor”, conclúen dende o club.

Nestes momentos, co catro xornadas de liga xogadas, suman tres puntos e sitúanse na metade da táboa. A próxima xornada volverán voar ás Illas Canarias para medirse ao BM Romade.

O sénior feminino do BM Chapela en Primeira Autonómica tivo este fin de semana dobre xornada da Copa Federación. O sábado caían derrotadas ante o Cangas (18-43) e o domingo contra o Porriño que tamén rematou cunha derrota para as beretes (26-20).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará