Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela renova o Camiño das Ánimas en Chapela

camiño real

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade vén de licitar a obra de pavimentación do Camiño das Ánimas, en Chapela, por un importe de 107.279,64 euros. Os traballos consistirán no asfaltado da rúa así como a construción dun muro de formigón de quince metros de lonxitude para darlle máis estabilidade ao noiro. orrerán a cargo da empresa Vale S.L. O prazo de execución é de tres meses, polo que a renovación do camiño debería estar rematada a comezos do vindeiro ano.

O edil Roberto Villar asegura que se trata dunha obra “moi demandada pola veciñanza e que servirá para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nunha zona moi complexa e perigosa polo gran desnivel que presenta”, explica Villar. Este camiño ten moito desnivel e o seu estado é deficiente nalgúns tramos polo que era urxente acometer esta actuación.

Os traballos consistirán no acondicionamento de todo o pavimento da rúa e a mellora dos sistemas de drenaxe, co que se evitará as escorrentías de auga na época de chuvias. En función das características do trazado, nalgunhas zonas estenderase aglomerado despois do fresado, e unha capa de rodaxe de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, estendido e compactado con medios mecánicos. Noutros tramos onde a pendente é máis pronunciada estenderase unha laxa armada de formigón, despois do fresado, e unha base do pavimento de formigón armado cunha soleira de 12 centímetros de espesor. Deste xeito o firme permitirá un mellor agarre dos vehículos.

Á altura do quilómetro +300 executarase un muro de formigón de quince metros de lonxitude para darlle máis estabilidade ao noiro. A altura deste muro será metade dun metro, e a outra metade de dous metros. Tamén se realizarán as pequenas obras de fábrica e drenaxes para unha mellor conservación do camiño.

Os traballos están incluídos o Plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará