Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias da SAR e o BM Chapela en Primeira Autonómica

Foto portada (Post de Facebook)

Foto da SAR OP Mobility de Patry Rivas

A SAR OP Mobility vencía na súa visita ao Granitos Ibéricos Carballal cun resultado axustado de 23 fronte a 25. En canto ao sénior do BM Chapela, conseguía a vitoria na casa no derradeiro minuto contra o BM Atlético Novás cun resultado de 33 fronte a 32.

A SAR OP Mobility en Primera Autonómica visitou este domingo a pista do Granitos Ibéricos en procura da primeira vitoria da tempada.  Segundo relatan nas redes sociais do club “os primeiros minutos do partido foron moi igualados, con ambos os equipos intercambiando goles, o que deixou o marcador en 6-4 a favor de Granitos Ibéricos Carballal no minuto 10”. Con todo engaden que, “os mozos redondeláns reaccionaron cun parcial de 0-6, logrando así unha vantaxe de 4 tantos (6-10) no minuto 20”. A pesar deste bo momento, o equipo local non se deu por vencido e conseguiu remontar antes do descanso, deixando o marcador axustado ao seu favor (13-12). Na segunda metade, tiveron  que loitar contracorrente, e non foi ata o minuto 40 cando igualaron o encontro 22-22. Nos últimos minutos “demostraron unha mellor xestión do xogo, aproveitando as súas oportunidades e asegurando a vitoria por 23-25, grazas a unha boa achega da portería e máis eficacia en ataque que o seu rival”, conclúen dende a directiva da SAR.  Desta forma, suman os dous primeiros puntos da liga que acaba de comezar fai dúas semanas.

O BM Chapela viviu un encontro moi emocionante na casa, no Pavillón Municipal Manuel González Soto. Os rapaces de sénior masculino recibiron ao Atlético Novás e conseguiron a vitoria no último minuto cun resultado de 33 fronte a 32 e sumando tamén dous puntos na clasificación xeral da liga en Primeira Autonómica.

Nestes momentos, tanto a SAR OP Mobility como o BM Chapela están empatados a puntos e sitúanse no sexto e sétimo posto, respectivamente. Dependendo de como se resolva o partido que ten pendente os da parroquia de Redondela contra o Lucerbos B, cancelado na parte final por problemas de humidade na pista da Bomboneira, o equipo pode ter moitas posibilidades de subir un chanzo na táboa e afastarse dos de Chapela que de momento perderon o primeiro partido fora da casa.

A próxima xornada será intensa. O Pavillón Municipal da Bomboneira acolle un derbi redondelán da SAR contra o Balonmán Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará