Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A embarcación feminina Cesantes-Amegrove-Cefycal recibe o premio a equipo revelación

WhatsApp Image 2024-10-14 at 16.51.06

Cesantes-Amegrove-Cefycal recolleu o galardón a equipo revelación na gala de clausura da Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia 2024 que tivo lugar o último sábado de setembro no auditorio da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e na que a delegación local subiu varias veces ao escenario para recoller os seus merecidos premios. Ademais desta distinción, Julia Devesa e Damián Pérez recolleron o galardón a mellor patroa ou patrón da Liga Feminina na mesma embarcación.

Unha das novidades desta tempada foi o cambio de nome da embarcación feminina do CCD Cesantes-Rodavigo a “Cesantes-Amegrove-Cefycal” tras a incorporación de remeiras de O Grove e A Guarda o ano pasado que completan a plantilla das de Cesantes. Son un total de 18 remeiras e cabe destacar que máis da metade do persoal feminino está conformado por remeiras menores de 25 anos, no que tamén hai lugar para veteranas. Este equipo fixo moi boa tempada 2023/2024 na que acadaron o segundo posto na Liga Galega de Traiñeras, por detrás de Chapela e o segundo posto tamén no Trofeo Teresa Herrera que foi finalmente para as beretes. O seu adestrador Iván explica que “se clasificaron tamén para a Bandeira da Concha, todo un logro a pesar de non chegar á final”, polo que entende que “os obxectivos están máis que cumpridos”. En dous anos conseguiron chegar ao máis alto.

Durante a gala de clausura da tempada da LGT volveron subir unha segunda vez ao escenario para recoller o galardón a mellor patroa da Liga F na mesma embarcación. Julia Devesa Prieto foi a gañadora tras a votación de todos os clubs galegos e compartiu o trofeo co seu compañeiro Damián Pérez Álvarez. Iván sinala que “foi moi bonito que os dous deportistas compartiran o galardón. É algo pouco habitual, pero así o precisaban as circunstancias”.

“Julia é de O Grove e maiormente competiu como remeira, tendo que ser patroa na Bandeira da Concha por ser obrigatorio que o posto o ocupara unha muller nesta competición”, explica Iván.

O obxectivo para a tempada que ben é algo distinto e  non ten que ver cos resultados, senón con tentar volver a conformar unha embarcación feminina sénior que poida saír a competir.  As remeiras de Amegrove decidiron separarse e tentar formar a súa propia traiñeira, polo que nestes momentos están tentando conformar a plantilla e superar ás 13 remeiras necesarias, algo que o técnico explica “non vai ser fácil”, pero móstrase convencido de que o  van a conseguir, “sobre todo apostando pola canteira coa incorporación de tres remeiras xuvenís”.

“A grande aposta do CCD Cesantes sempre foi a canteira e seguiremos loitando por ela”, Iván.

Cada vez hai máis mulleres interesadas no remo, de feito Redondela está a vivir un momento histórico coa inscrición de dúas embarcacións femininas do municipio competindo a nivel galego e nacional e liderando este ano a Liga Galega de Traiñeiras. O CR de Chapela quedou de campión galego na Liga F e o Cesantes-Amegrove-Cefycal subcampión.

Julia e Damián recollendo o galardón.


Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará