Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Faladoiro sobre Palestina con Rocío Viéitez Ferro

Rocío_Viéitez_Ferro

A Casa da Cultura acolle este venres ás 20:30 horas unha charla coloquio con Rocío Viéitez Ferro,  tradutora ao galego do libro “O azul entre o ceo e a auga” escrito pola refuxiada palestina Susan Abulhawa. O acto está organizado polos colectivos Pro-palestino de Redondela, o colectivo Republicano, Sinha Paca e BDS Galiza. No acto falarase do libro pero sobre todo da sociedade palestina “exemplo de resilencia”.

“O azul entre o ceo e a auga”, de Susan Abulhawa conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza. Nun territorio que lles é hostil e onde a forza, o humor, os lazos familiares, as obrigas e as lembranzas, crean unha rede que lles permite seguir adiante.

Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas.

A tradución deste libro ao galego forma parte dun proxecto eprsoas de Rocúio Viéitez coa editorial Laiovento de cara a poñer o foco na literaturas escrita e traducida por mulleres

O faladoiro deste venres é aberto a todo o que queira achegarse, un faladoiro que servirá para falar de literaturas pero, sobre todo, para falar da situación dos e das palestinas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará