Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fraternidade Vs Alfonso XII: a batalla dos nomes continúa na rúa

rua-fraternidade

Defensores e detractores de que o nome de Alfonso XII continúe formando parte do rueiro redondelán dan a batalla con diferentes iniciativas. Se días atrás varios comerciantes da céntrica rúa iniciaron unha campara para amosar o seu rexeitamento ao cambio do nome colocando cartaces nos seus escaparates co nome do monarca, agora son os defensores da iniciativa os que colocaron placas cun posible nome alternativo “Rúa Fraternidade”.

A decisión está pendente de que o concello poña en marcha unha enquisa popular a través da súa páxina web na que se determinará cal será o novo nome da rúa. Con todo, o cambio de denominación, solicitado por 20 colectivos do municipio e aprobado en pleno cos votos a favor de PSOE, BNG e AER, podería dar un xiro sorprendente. Non se desbota a posibilidade de que, entre as opcións recollidas na enquisa popular, se inclúa a do propio Alfonso XII tal e como o solicitou o PP no último pleno municipal e saíu aprobado ao contar co apoio dos concelleiros nacionalistas.

Isto podería dar lugar a que todo este proceso non supoña cambio algún no rueiro local no caso de que a veciñanza vote maioritariamente por manter o nome do Borbón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará