Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peregrinos de 40 nacionalidades chegan a Redondela percorrendo o Camiño de Santiago

peregrinos

Turismo estima que foron máis de 150.000 peregrinos os que pasaron por Redondela no que vai de ano, unha cifra que supón un incremento dun 10% respecto dos contabilizados ao longo do 2023. En concreto, dende xaneiro ata outubro deste ano pasaron por Redondela 153.205 peregrinos. A maioría, 86.363, fixérono a través do Camiño Central e un número cada vez maior, 66.842, a través do Camiño da Costa.

A concelleira de Turismo, Rita Pérez Táboas, sinala que esta cifra “supón un incremento de 12.000 peregrinos máis que o ano pasado nestas datas, case un 10% de incremento, quedando aínda dous meses e medio para finalizar o ano”. O perfil dos peregrinos que pasan por Redondela varía en función da época do ano. Se ben nos meses de abril, maio e xuño son maioría os estranxeiros, coa chegada do verán tanto no mes de xullo como en agosto os peregrinos de orixe española son maioría. O tirón do Camiño de Santiago a nivel internacional déixase notar nas cifras que rexistra a Oficina Municipal de Turismo, onde reciben información peregrinos de máis de 40 nacionalidades diferentes. A maioría proceden de Portugal e Alemaña, pero chegan camiñantes de todos os puntos do planeta: desde Xapón ata os EEUU, pasando por Sudáfrica, Taiwan, Rusia, Australia ou México. No caso dos españois as Comunidades Autónomas que achega máis peregrinos son Madrid, Andalucía e Valencia, aínda que tamén é numerosa a cifra de peregrinos procedentes de Cataluña e Euskadi.

Dende a Concellería salientan tamén o éxito dos roteiros ambientais realizados nos meses de xullo, agosto e setembro e nos que participaron 1.096 persoas que puideron gozar do patrimonio natural de Redondela con actividades a pé, en bicicleta e canoa.

Outra actividade gratuíta organizada pola Oficina Municipal de Turismo son as visitas guiadas “A vila pola tardiña” todos os luns pola tarde, na que os guías dan a coñecer o patrimonio histórico, cultural e arquitectónico da vila de Redondela. Nesta temporada levan participado 145 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará