Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derbi na Bomboneira entre a SAR OP Mobility e o BM Chapela

sar-patri-rivas-ql21owq6koxmosz8ps451saenmbsljfg6mnlj6idu0

Foto de Patry Rivas

A liga de Primeira Autonómica Masculina celebra esta fin de semana a súa terceira xornada que terá lugar este sábado 19 de outubro no Pavillón Municipal da Bomboneira cun derbi entre a SAR OP Mobility  e o Balonmán Chapela.

Tanto a SAR OP Mobility como o BM Chapela están empatados a puntos e sitúanse no sexto e sétimo posto da táboa xeral, respectivamente. Isto débese a que de momento contabilizan cada equipo un partido gañado. Sen embargo, dependendo de como se resolva o partido que ten pendente os da SAR contra o Lucerbos B – cancelado na parte final por problemas de humidade na pista da Bomboneira – o equipo pode ter moitas posibilidades de subir un chanzo na táboa e afastarse dos de Chapela que de momento perderon o primeiro partido fora da casa.

A situación dos mozos da SAR resolverase este domingo, volvendo a xogar contra o Luceros B na casa os 13 minutos de partido que quedaron pendentes para confirmar a vitoria da SAR fronte a este rival. O marcador freouse cun resultado favorable de 29-22 e o equipo mantén boas sensacións para este desenlace, onde buscarán selar esta primeira vitoria da tempada en casa.

En todo caso, este sábado ás 17.00 horas temos un derbi redondelán na Bomboneira entre a SAR e o BM Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará