Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nenos e nenas de 12 centros educativos participan no programa Educar en igualdade

cedeira educar

O Concello de Redondela, en colaboración coa Asociación Érguete, pon en marcha os programas “Educando en Igualdade”, dirixida ao alumnado de 4º de Primaria, e “Xeración Violeta” para nenos e nenas de Educación Infantil e as familias. Nas actividades participarán máis de 300 nenos e nenas.

Son dúas actividades “Educando en Igualdade”, dirixida ao alumnado de 4º de Primaria, e “Xeración Violeta” para nenos e nenas de Educación Infantil con varias sesións didácticas en cada grupo.

O obxectivo deste programa é achegar ao alumnado e ás familias “ferramentas de sensibilización e actuación para unha verdadeira relación de igualdade entre nenos e nenas”, explica a alcaldesa Digna Rivas quen salientou a importancia de traballar en materia de igualdade “desde as idades máis temperás, porque os nenos e nenas son os homes e mulleres do futuro, e temos a obriga de construír entre todos unha sociedade máis xusta e igualitaria”. Nas sesións de traballo que se realiza nos colexios trázase unha metodoloxía que favorece o traballo cooperativo e un reparto de roles afastados dos estereotipos.

Nestes programas participarán máis de 300 nenos e nenas dos centros de ensino público de Redondela. Hoxe comezaron as actividades no CEIP de Cedeira, e ao longo do mes de novembro continuarán no CEP Santa Mariña, os CEIP Outeiro das Penas, Reboreda, Quintela, Laredo, Igrexa, Porto Cabeiro, Alexandre Bóveda e as escolas infantís Marisma, Ventosela e San Pedro de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará