Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello retirará tres árbores de gran envergadura da Alameda

poda

O goberno local explica que “o mal estado destes tres exemplares – dous cipreses e un abeto- obriga a súa talla ante o risco de caída”. Unha vez retirados por unha empresa especializada procederase a substituílos por outras árbores que se adapten ao entorno.

A decisión de proceder á retirada destas tres árbores está avalada polos informes técnicos. Tanto o informe elaborado pola Estación Fitopatolóxica Areeiro, da Deputación de Pontevedra, como o estudo biomecánico e fisiolóxico realizado por unha empresa especializada, establecen que estes tres exemplares presentan danos severos na súa estrutura que aumentan o risco de colapso.

Os mesmos informes establecen que “desde o punto de vista da seguridade das persoas, debido aos graves defectos detectados nestes tres exemplares, recoméndase a tala” para garantizar a seguridade e evitar o risco que a caída destas árbores podería provocar.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que “o primeiro é a seguridade das persoas” polo que, á vista dos informes realizados polos técnicos, unha empresa especializada procederá á tala destas tres árbores. Desde o Concello avanzan tamén que estes tres exemplares serán substituídos por outras árbores que se adapten ao entorno, “seguindo sempre os criterios técnicos e as recomendacións dos especialistas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará