Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias do Redondela FS e o Campito Chapela

463949252_17947765022855013_674722079172944322_n

En Preferente esta fin de semana alzáronse coa vitoria o Redondela fronte ao Pecheches e o Campito Chapela fronte o Quinta de Tui. Este último equipo local afástase da zona baixa da táboa, mentres que o Arealonga pasa a ser o pechacancelas do grupo tras a derrota contra o Beade.

O Pazos, en Terceira División Nacional, tiveron unha fin de semana que pode considerarse de “mala sorte”. Perderon pola mínima na súa visita ao Outeiro de Rei cun dobre penalti a falta de 5 segundos para acabar o partido.

Terceira División Nacional

OUTEIRO DE REI S.D. – S.D. PAZOS DE BORBEN FS (7-6)

Derrota do Pazos na súa visita ao Outeiro de Rei cun dobre penalti a falta de 5 segundos para acabar o partido. Mantéñense de quintos na clasificación xeral e a próxima xornada reciben ao Sala Ourense 2014.

Explican dende a directiva en redes socias que “non foi o noso mellor dia , pero aínda así conseguimos remontar e empatar a seis un partido que se nos escapara nos primeiros minutos da segunda parte e que acabaron por decidir con moi mala fe os árbitros”.  Denunciaban a postura dos colexiados, porque din “ambos desesperaron aos nosos cunha actitude chulesca, tratando de forma moi distinta a uns e outros xa dende antes de comezar o partido”. A pesar desta situación remataban dando os parabéns e agradecendo a acollida por parte do equipo anfitrión.

Goleadores:  Pablo  , Martín, Eloy e Joni.

Preferente Futgal, 2

REDONDELA F.S. RODAVIGO  – PECHECHES FS (5-2)

Vitoria ampla do Redondela contra o Pecheches, polo que suman tres puntos e sitúanse de sétimos na clasificación xeral.  A proxima xornada visitan o SD Abetos Gobndomar FS.

Goleadores: Juan 4’, Raul 11’, Juan 26’, Raul 32’, Borja 38’.

C.D. BEADE MVMB Copefri  – AREALONGA FS  CHAPELA (4-0)

Non tiveron tanta sorte os do Arealonga que perdían na súa visita ao Beade.  Con este resultado sitúanse de pechacancelas do grupo. A próxima xornada reciben ao ADI Vianariños FS.

CAMPITO CHAPELA FS – CONCEPTO BY PERSA – A QUINTA DE TUI F.S.  (6-4)

O Campito Chapela logra desfacerse do titulo de pechacancelas do grupo , que pasa a ser do Arealonga , e sitúanse de doceavos despois desta vitoria. A próxima xornada visitan o Balona Linense FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará