O colectivo ecoloxista convoca un ano máis a XIII Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. No caso de Cesantes, actuarán neste areal alumnos e alumnas do Instituto Mendiño cunha intervención o próximo venres.
Están chamados a participar nesta actividade e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas coma privadas, ademais das persoas particulares.
A iniciativa, que se vén celebrando dende o ano 2012, consiste na Limpeza simultánea de praias nas que adoitan participar máis de 500 persoas retirándose de 3 a 5 toneladas de lixo mariño das nosas costas.O obxectivo principal é concienciar á sociedade galega da problemáticas do residuos no medio mariño e a necesidade da redución de plásticos e envases, mobilizando para iso un gran número de persoas ao longo dunha fin de semana en toda a comunidades.