O alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo e máis a concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, trasladáronlle ao presidente da Deputación, Luís López o seu interese en elaborar unha programación específica para enxalzar a figura de María VInyals, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento, unha data que se conmemorará o próximo 14 de agosto de 2025.
Dende o concello queren que o próximo ano constitúa un antes e un despois na proxección e divulgación da obra e a traxectoria de MaríaVinyals, quen naceu no castelo de Soutomaior e destacou como escritora e feminista nun momento en que as mulleres tiñan un acceso moi restrinxido á esfera pública. “Falar da súa figura é falar dunha muller silenciada durante anos e, por iso, dende o concello de Soutomaior traballaremos arreo co fin de que María Vinyals ocupe o lugar que lle corresponde na historia”, indicaba Silvia Cernadas.
Un encontro onde dende a Deputación se lle informou ao concello que a modificación de crédito do ReacPonde preto de 350 mil euros irá esta semana a pleno, unha modificación de crédito que segundo palabras de Manu Lourenzo “permitirá a Soutomaior ter a liquidez e o financiamento necesario para acometer importantes obras”.