A SAR Rodavigo na viaxe a Gran Canaria
A SAR Rodavigo conseguiu a súa primeira vitoria fóra de casa na súa visita ao CB Romade no Pavillón Leoncio Castellano Arencibia en Gran Canaria.
O equipo dominou o encontro desde o asubío inicial, marcando o ritmo do xogo e manténdose sempre por diante no marcador. No descanso o resultado era de 12-15. Na segunda metade, lograron ampliar a súa vantaxe de maneira constante, asegurando o control do partido en todo momento e selando a vitoria por 22-34.
Con cinco xornadas de liga en División de Honra Prata Feminina, as mozas da SAR acumulan dous puntos e sitúanse de sétimas na táboa xeral con dous partidos gañados, un empate e dúas derrotas. A próxima xornada, disputarán un derbi galego no Pavillón Municipal de A Bomboneira contra o Balonmán Cañiza o 27 de outubro ás 12.30 horas.