Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O director redondelán Hugo Amoedo presenta “pechar caixas abrir caixas” no Festival Intersección de A Coruña

UICCurts_PecharCaixasAbrirCaixas_Dir_72

INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña xa está en marcha e un total de 19 títulos competirán na Sección Galicia xunto ao traballo de Hugo Amoedo, que presentará a súa última obra, o documental “Pechar caixas abrir caixas”. A proxección terá lugar este venres 25 de outubro ás 20:00 horas no Cantones Cines situado na Av. Porto da Coruña.

A proposta do cineasta redondelán mestura o documental e a reflexión sobre a identidade, explorando a mudanza e as conexión emocionais asociadas á vida cotiá. A través de imaxes evocadoras e a interacción co espazo físico e emocional, a peza revisita momentos da vida familiar e da experiencia galega, empregando elementos simbólicos que conectan co pasado e coas lembranzas que definen a identidade dos galegos. Hugo Amoedo explica que “pechar caixas abrir caixas forma parte dos seus diarios persoais” e nela pódese ver parte da súa vida en Bruxelas, ademais de reflexionar sobre a migración galega. “O meu amigo e escritor Xavier Queipo viviu en Bruxelas durante máis de 30 anos e un día chamoume para contarme que marchaba e volvía a Galicia, polo que decidín gravar a súa mudanza . Pódese considerar unha película dun galego que marcha e doutro que queda a vivir no estranxeiro”, sinala o director.

“É un documental persoal a través de diarios filmados”, Hugo Amoedo.

O formato é analóxico e todo está gravado cunha cámara super8 que permite ao artista dominar o proceso de dirección e controlar o curso sonoro a través da voz en off, pois este tipo de cámaras non gravan son. Un condicionante que, segundo expresa “pode ser unha ferramenta moi útil e bonita, que obriga a ter moi claro o que filmas e reflexionar ao longo de todo o proceso que supón o tratamento dunha película tan sensible”.

“Comprei a Super8 nun mercadiño familiar en Bruxelas”, Hugo Amoedo.

A participación de Hugo Amoedo en INTERSECCIÓN representa unha gran oportunidade para resaltar o talento local e o cine galego contemporáneo. “pechar caixas abrir caixas” está rematando o seu percorrido por festivais e esta pode ser a última oportunidade de vela en Galicia. A tourné rematará con catro exposicións na capital de Bélxica, a última no CINEMATEK de Bruxelas.

“Este é un dos traballos con máis éxito que fixen”, Hugo Amoedo.

Hugo Amoedo dirixiu varias curtametraxes, sempre combinando ficción e documental, que se estrearon en festivais como Zinebi, Punto de Vista, IndieLisboa ou Curtocircuito, entre outros. O seu último traballo proxéctase este venres 25 de outubro no INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña.

FILMOGRAFÍA: pechar caixar abrir caixas (corto, 2024, D’A 2024), Europa (corto, 2017), On n’a pas fait l’amour (corto, codirigido, 2015), Camping Wesertal (corto, 2013), Robin & Robin (corto, codirigido, 2012).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará