Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Palabras de recoñecemento e apoio a Pilar Martínez tras deixar o goberno por motivos de saúde

pilar

A corporación municipal deixou de lado as liortas políticas e uníuse para trasladarse a xa exconcelleira Pilar Martínez palabras de ánimo para afrontar a enfermidade que padece dende hai meses. Todos os partidos recoñeceron a labor de Pilar como concelleira, na súa faceta laboral como pediatra e tamén pola súa incansable labor a favor dos que máis o necesitan, ao fronte da ONG Da Mán.
No pleno de onte escoitáronse palabras emocionadas cheas de cariño e ánimo en nome de todas as formacións que conforman a corporación municipal cara Pilar Martínez quen a semana pasada presentaba a renuncio ao seu cargo subliñando que “nestes momentos por motivos de saúde non podo estar o 100% nas miñas responsabilidades, por iso decido dar un paso a un lado”
A primeira en intervir era a alcaldesa Digna Rivas para destacar que “todos os que temos o privilexio de coñecela sabemos do seu compromiso coa sociedade redondelá, da súa paixón polo traballo e da súa vocación de servizo público”.

Digna Rivas, PSOE

O edil de AER, Roberto Villar, compañeiros no equipo de goberno trasladáballe tamén o seu cariño “a unha persoa entrañable que está a pasar por unha situación complicada”.

Roberto Villar, AER

Xoán Carlos González expresaba en nome do BNG todo o seu recoñecemento persoal e profesional e trasladaba unha mensaxe de “ánimo e cariño” para enfrontarse á enfermidade coa forza que a caracteriza.

Xoán Carlos González, BNG

Dende o PP era Sandra Bastos quen salientaba que “máis aló das nosas ideoloxías, foi sempre un pracer atopar as túas palabras e a túa axuda” e lle trasladaba tamén moita forza na súa situación persoal.

Sandra Bastos, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará