O sinistro produciouse ao redor das dez da mañá e foron un total de catro os vehículos que se viron afectado polo choque. Resultaron feridas 4 persoas de carácter leve. Axentes da policía local desprazáronse ao lugar do accidente que provocou retencións importantes na estrada N-550 entre Redondela e Pontevedra.
Axentes da Policía Local Redondela acudiron na mañá de hoxe a un accidente de trafico en Ceeantes logo de seren alertados polo 112 Galicia.
Por causas que investiga a Policía Local, un dos turismos colisionaría coa súa parte frontal a traseira do vehículo que lle precedía e como consecuencia víronse implicados outros dous vehículos causándose desperfectos materiais. Resutlaron feridas leves 4 persoas.
No lugar, interviu tamén emerxencias de Mos, conservacion de estradas e 3 ambulancias do 061.
O accidente provocou importantes retencións na zona.