Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cata no Castelo de Soutomaior co sumiller Nacho Costoya

cata soutomaior

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse nesta actividade que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial do Enoturismo. A actividade conta cun cento de prazas e as persoas interesadas deben formalizar a súa entrada a través da web do Castelo de Soutomaior.

A Deputación de Pontevedra, xunto coa Ruta do Viño Rías Baixas, organiza o vindeiro domingo 10 de novembro no Castelo de Soutomaior unha cata de viños a cargo do sumiller Nacho Costoya. “Esta cata será unha auténtica experiencia 100% Rías Baixas e que, estou seguro, non defraudará”, asegurou o presidente provincial Luis López.

En concreto a cata constará de dúas fases. Nunha primeira, os asistentes poderán degustarán os cinco viños DO Rías Baixas que presentará Nacho Costoya e, nunha segunda, que será totalmente a cegas, degustarán tres dos cinco viños, debendo acertar para gañar. Entre os gañadores sortearase un “eno-pack” para dúas persoas, que comprende aloxamento en media pensión e visita a unha adega da Ruta do Viño Rías Baixas. Ademais, todos os asistentes recibirán un regalo sorpresa por participar no acto.

A cata pecharase cunha degustación, amenizada con música en directo, na que colabora ANFACO-CECOPESCA, o que fai que, en palabras do presidente provincial, esta sexa “unha actividade única, na que o viño da DO Rías Baixas e as conservas da provincia, dous produtos que tanto nos identifican, serán os protagonistas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará