Foto de Patry Rivas
A SAR Rodavigo, en División de Honra Prata Feminina, logrou unha valiosa vitoria nun intenso derbi galego contra o Balonmán Cañiza.
O club explica nas redes sociais que “o partido mantívose moi equilibrado desde o inicio, con ambos equipos disputando cada balón. A primeira metade concluíu cunha lixeira vantaxe para as cañicenses (14-15), deixando todo por decidir na segunda parte”. Despois do descanso, o equipo visitante conseguiu distanciarse ata os tres goles (19-22), aproveitando algúns erros. Con todo, a SAR Rodavigo respondeu con determinación, axustando o súa defensa e mostrando eficacia en ataque, ata igualar o marcador a 26-26 nos últimos minutos. A resolución do encontro chegou nos segundos finais, cando aproveitaron un penalti decisivo para asegurar a vitoria. Resultado final: 27-26. Destacan tamén que “este triunfo, selado pola mínima, demostra a fortaleza mental e competitiva do equipo, que soubo manter a calma e aproveitar as súas oportunidades nun final de infarto para todos os afeccionados que se atopaban esa mañá na Bomboneira”.
Desta forma sitúanse de sextas na clasificación xeral con sete puntos. Una liga moi axustada na que están e empatadas a puntos con Alegra BM Sanse e moi preto do Handball Valladolid. A semana que vén visitan o Pavillón “A Tejerona” para enfrontarse ao Balonmán Gijón, segundas da categoría e rival forte.