A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita contar con máis de medio cento de voluntarios e voluntarias en Redondela para poder levar a cabo a Gran Recollida 2024, prevista os próximos 22 e 23 de novembro. Para participar só hai que dispor de catro horas libres e darse de alta en www.bancoalimentosvigo.org ou chamar directamente ao teléfono 986 263022. Un ano máis, alumnos e alumnas do CEIP de Cedeira participarán a pé de supermercado e en horario lectivo, durante a primeira xornada da acción, o venres pola mañá.
A campaña solidaria desenvolverase en distintos supermercados adheridos a convocatoria a nivel nacional da Federación Española Bancos de Alimentos (FESBAL),e haberá voluntarios nun bo número de superficies comerciais de Redondela. Actualmente, a Fundación atende na zona de Redondela a máis de 300 persoas vulnerables, a través de dous colectivos sociais cos que traballamos: Aldeas Infantís e Cáritas Santiago de Redondela.
O obxectivo desta Gran Recollida 2024 en Redondela é igualar, polo menos, os máis de 4.500 quilos de alimentos recadados durante a pasada edición a nivel provincial A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita uns 2.000 voluntari@s para o seu que se celebrará nuns 125 supermercados de toda a provincia de Pontevedra. A campaña, do mesmo xeito que en ano anteriores, volverá a ser en formato mixto, é dicir, nalgúns supermercados permitirase a presenza de marea azul que facilitarán as doazóns físicas, ao tempo, que informarán dela posibilidade de realizar, tamén achegas económicas ao pasar pola caixa dos centros.