O CD Choco suma tres merecidos e esperados puntos na casa contra o CD Moaña. Cumpriu desta forma, no Campo de Santa Mariña, co obxectivo de volver á senda da vitoria.
C.D. CHOCO – CD MOAÑA (3-1)
O partido empezou con moita igualdade entre ambos os conxuntos. Con todo, aínda que os locais dispoñían no comezo do partido de boas ocasións para adiantarse no marcador, o primeiro gol foi para o Moaña. Despois do descanso, na segunda metade os choqueiros entraron con forza e recuperaron o liderado deixando un marcador de 3 fronte a 1. O goleador absoluto foi Jonas Caride.
Desta forma, sitúanse de 13 na táboa xeral con oito xornadas xogadas, tres vitorias, un empate e catro derrotas. A próxima xornada visitan ao Club Rápido de Bouzas, pechacancelas do grupo en Preferente.
Goleador: Jonas Caride (49’, no 71’ e no 88’).
Primeira Futgal, grupo 5
C.D. SOUTOMAIOR – CALDAS CF (1-2)
Derrota do Soutomaior na casa fronte ao Caldas , Con 8 xornadas xogadas acumulan 9 puntos e dúas vitorias, 3 empates e 3 derrotas. Están facendo moi bo comezo de tempada, a pesar de estar estreándose na categoría. O próximo domingo visitan ao CD unión, segundo na táboa.
Goleador: Ricardo Agulla (12’)
SAN MARTÍN C.F. – C.D. ARCADE (0-0).
Empate a cero do Arcade na súa visita ao San Martín no Campo Municipal de Vilagarcía de Arousa. Este é o primeiro empate da tempada e con este resultado mantéñense de quintos na clasificación con 13 puntos e catro vitorias. A próxima xornada reciben ao Unión Dena CF, pechacancelas do grupo.
Segunda Galicia, Vigo
C.D. ATLETICO VILLAR- U.D. RIBERA (1-1)
Empate do Atletico Villar na casa, no Campo do San Martín contra o UD Ribera . Con este resultado sunman un punto e sitúanse de décimos nunha moi boa primeira metade de tempada tendo en conta que se etrean na categoría. O próximo domingo visitan ao CD nPontellas, pechacancelas do grupo.
Goleador: Diego Pérez ( 40’).
Terceira futgal, Pontevedra, grupo 1
C.D. CESANTES – RÁPIDO BAHIA CF (2-1)
Vitoria do Cesantes na casa, nun partido emocionante no que o rival dominou a primeira metade e mantivo o marcador en 0 fronte a 1 ata o descanso. A partir da segunda parte o anfitrión dominou o Campo de A Gandara cun gol de Alex Rubiñan no minuto 46’ que daba o empate. Aguantaron a defensa e Roi darriba marcou o gol da vitoria no minuto 50’. A próxima xornada visitan o Figueirido CF, rival directo cun só punto máis que os de Cesantes que se situán de sextos con 11 puntos.
Goleadores: Roi e Alex
Terceira Galicia, Vigo 1
ALERTA SANGUIÑEDA – CHAPELA C.F. (1-4)
O Chapela CF conseguiu sumar tres puntos no Campo municipal de San Paio (Porriño ) na súa visita ao Alerta Sanguiñeda. Con este resultaod sitúanse de décimos con 7 puntos.
Goleadores: Fabio (18’ e 44’ e 74’) e Alejandro Barreiro (87’).