A Policía Nacional ten en marcha un dispositivo de procura para localizar un sacerdote retirado de 85 anos de idade e con problemas de demencia que desapareceu o luns da residencias Nuestra Señora da Guía onde reside. A búsqueda está centrada na zona viguesa de Teis e na parroquia de Chapela.
Ignacio Barrio González mide entre 1,65 e 1,70 metros de estatura, é de complexión normal, ten pelo negro e canoso e calvicie parcial. O home saíu a camiñar polos arredores da residencia como adoitaba facer pero non regresou para a cea. O seu teléfono móbil deixou de dar sinal o martes, posiblemente porque quedou sen batería.
A Familia e SOS Desaparecidos solicitan colaboración cidadá e que no caso de ter algunha pista sobre o paradeiro do sacerdote que contacten cos corpos policiais.