Hoxe é Venres 1 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda: “Somos a resistencia”

IMG20241031122946

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental que se conmemora cada 10 de outubro, a Asociación Lenda organiza diferentes actos para visibilizar a enfermidade e reivindicar a necesidade dunha mellor atención neste eido. Este ano tiveron que adiar algunhas das actividades por mor da choiva o que obrigou a facer a presentación da nova edición da Revista “Voces de Lenda” titulada “Resistencia” e a lectura do manifesto no día de hoxe.

O venres 11 de outubro celebraron o Regueifa tour 24-25 no Multiúsos da Xunqueira co lema “Regueifa, Retranca e Revoluçom”.  Os actos que tiñan previsto celebrar o 10 de outubro adiáronos ata hoxe, saíndo a rúa para ler o seu manifesto e convidar á veciñanza a un café con rosca na praza de Alejandro Otero.  Alí, presentaron a Revista nº44 de “A Voz de Lenda” que cumpre xa 25 anos. O nome escollido foi “Resistencia”, unha palabra con moito significado na súa loita polos dereitos das persoas no ámbito da Saúde Mental e que se repetiu ao longo dalgún dos textos desta edición escollidos para a lectura.

O manifesto deste ano leuno Sergio e nel reivindicaron a Saúde Mental como un dereito  inherente a condición humana e que non entende de barreiras nin fronteiras. A OMS alerta de que un 25 % da poboación terá unha enfermidade mental ao longo da súa vida, pero dende Lenda  explican  que “isto non son números, son persoas coma ti e coma min”. Entende a data  como unha oportunidade para reflexionar sobre a importancia da Saúde Mental e loitar polos recursos necesarios e a desigualdade social.

Lectura do manifesto, Sergio.
Lectura do texto “Enfermidade da nosa filla”, Lucía.
“Esiximos que a atención en saúde mental sexa integral e que contemple todas as dimensións, como persoas e non como diagnósticos”, Antonio.
Lectura de “Voces”, Cristian Ferreira.
Lectura do texto “ELA” lido por Patricia.
Lectura de “Somos a resistencia” de Benjamín Nogueiras Casas.

O traballo de Lenda en 2024 viuse reforzado coa contratación dunha educadora social e unha traballadora social a través do programas de cooperación da Xunta de Galicia e coa implementación da aplicación subvencionada co Kitt Dixital. Un ano máis tecnolóxico, no que crearon o proxecto Alfabetic co obxectivo de reducir a fenda dixital entre as persoas con Trastorno Mental Grave usuarias dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, Centro Ocupacional e programas da Asociación Lenda. A iniciativa pretende lograr unha cohesión social garantindo o dereito fundamental das persoas que sofren exclusión social a vivir con dignidade e desempeñar un papel activo na sociedade, para logralo na actualidade é imprescindible adquirir competencias dixitais básicas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará