Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ao minuto de silencio polas vítimas e afectados pola DINA

minuto silencio

A Corporación municipal coa alcaldesa Digna Rivas á cabeza así como representantes do resto dos partidos políticos, funcionarios, axentes da policía e veciños e veciñas en xeral participaron no mediodía de hoxe nun minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias en sinal de pésame polos falecidos en Valencia, Cuenca, Albacete e Málaga a consecuencias do temporal de chuvias que está afectando gravemente a esas zonas.

Ás doce do mediodía, membros da corporación municipal concentrábanse ás portas do Concello nun xesto de solidariedade que se espalla polo país.

A alcaldesa trasladou “o apoio ás súas familias e amigos, na confianza da pronta localización dos que se atopan desaparecidos e en consideración a cantos perderon os seus fogares por efecto do temporal. Trasladamos aos alcaldes e alcaldesas de todos os municipios afectados o noso afecto e respaldo nesta situación tan difícil”.

O número de afectados non deixa de medrar e polo de agora, segundo as últimas informacións, serían 158 as persoas falecidas, concretamente  155 na provincia de Valencia e outras tres en Mira (Cuenca), Letur (Albacete) e Alhaurín de la Torre (Málaga). Aínda hai xente incomunicada en zonas inaccesibles e coas estradas e as vías de comunicación impracticables. A UME segue traballando cos bombeiros nas labores de limpeza e aínda hai un número de desaparecidos difícil de cuantificar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará