Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Policías de Redondela desprazados a Valencia: “A situación é dantesca. Atopámonos cun escenario apocalíptico”

poli redondela

Cinco policías locais de Redondela chegaban ás cinco da madrugada de hoxe á localidade de Benetússer tras viaxar durante toda a noite co obxecto de colaborar nas tarefas de procura, limpeza e vixilancia que se están a desenvolver na “zona cero” afectada pola DINA. Ao chegar aseguran que atoparon un “panorama dantesco. Unha cousa é ver as imaxes pola televisión e outra estar aquí en medio de tanta devastación”.

Benetússer é unha das tantas localidades valencianas que se viron afectadas de cheo pola DINA da pasada semana. Unha  chuvias torrenciais que arrasaron con todo e que fai que as rúas do municipio parezan máis un escenario de guerra que unha tranquila vila da costa mediterránea. Así nolo trasladan os efectivos da policía local de Redondela que este domingo se desprazaban ao lugar tras un convenio coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias que busca facilitar a chegada de operativos de emerxencia para axudar nas labores de rescate, limpeza e seguridade.

Unha catástrofe da que son testemuña directa o xefe da Policía local de Redondela, Xosé Delmiro Pampillón e o oficial Obdulio Iglesias quen xunto aos seus compañeiros chegaban ao lugar ás cinco da madrugada e que decidiron poñerse mans á obra tras ver o estado no que se atopan as rúas.

Xosé Delmiro Pampillón, xefe da Policía Local de Redondela

 “Coches destrozados e apilados na estrada, enseres arrastrados dende as vivendas ou retirados polos veciños á vía pública, lama por todas partes e toneladas de lixo que se acumulan na rúas á espera de seren retirados polos servizos de  emerxencias aos que se suman os voluntarios”. Salienta tamén Iglesias o “cheiro que vaia a máis día tras día e que nos notamos nada máis chegar debido a todos eses restos orgánicos que están apodrecendo”.

Obdulio Iglesias, oficial de Policía

Traballan man a man con efectivos chegados dende o Porriño, de Madrid, da propia zona… moitos voluntarios que precisan de coordinación porque ademais hai moitos vehículos pesados traballando na rúa para tentar despexar as rúas.

Os axentes puxéronse ao servizo da policía de Benetússer que se encargar de  coordinar as tarefas máis urxentes “malia que a normalidade non poderá chegar ata dentro e meses, porque a situación é certamente dantesca”.

Unha das tarefas dos axentes redondeláns é vixiar e evitar posibles pillaxes e roubos en comercios e vivendas “os máis desalmados aproveitan os problemas co subministro eléctrico e a ausencia de iluminación pública para entrar nos locais en horario nocturno, cando as rúas están completamente a escuras”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará