O Concello ten habilitado un punto de recollida de alimentos e enseres no Multiúsos da Xunqueira e a tamén hai un punto de recollida no mercado de abastos promovida pola Asociación de Praceiros de Redondela. En Soutomaior habilitarase un punto de recollida no Multiúsos de Arcade a partir de mañá martes. En todo caso, a Federación Española de Municipios e Provincias ( FEMP ), de acordo coas autoridades valencianas e ante os problemas de loxística e distribución acosella neste momento que a axuda se centre nas doazóns económicas.
O Concello de Redondela ten habilitado un punto de recollida de alimentos e enseres no Multiúsos da Xunqueira. Atendendo ás recomendacións da Federación de Municipios E provincial de Valencia solicítanse produtos de primeira necesidades como leira, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns cueiros, pas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir.
As persoas que o desexen poderán depositar as súas doazóns en horario de 8:00 a 14:30 e de 14:00 a 22:00 horas.
Tamén hai en marcha unha recollida solidaria na praza de Abastos de Redondela ata o vindeiro mércores en horarios de 7:30 a 17:00 horas
Soutomaior
Dende o concello de Soutomaior tamén habilitarán, a partir de mañá martes 5 de novembro, o Multiúsos de Arcade (en horario de 9:00 a 14:00h.) para achegar alimentos non perecederos, produtos de hixiene e sanitarios para poder enviar no momento en que o soliciten dende a Generalitat Valenciana ou dende a FEMP. Sinalan dende este concello que no caso de que estes produtos non sexan demandados serán destinados ao Banco de Alimentos ou outras entidades de emerxencia social.
Doazóns económicas
A Federación Española de Municipios e Provincias ( FEMP ), de acordo coas autoridades valencianas e ante os problemas de loxística e distribución acosella neste momento que a axuda se centre nas doazóns económicas. As vías máis axeitadas neste caso serían:
CRUZ VERMELLA:
– Transferencia bancaria á conta ES44 0049 0001 5321 1002 2225
– SMS de 6 euros coa palabra AYUDA ao número 28092
– Bizum ao 33512
CÁRITAS:
– Emergencias DANA Valencia
• Caixa Popular: ES19 3159 0078 5716 6338 6025
• Caixabank: ES02 2100 8734 6113 0064 8236
GENERALITAT VALENCIANA:
– Conta bancaria solidaria (Banco Sabadell): ES94 0081 0693 61
0002423445