Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do Redondela fronte ao Arealonga

465295106_18336455887151062_6818905657678236791_n

O derbi redondelán saldouse cunha vitoria axustada e emocionante para os de Redondela no Campo Municipal de A Marisma. A pesar de estrearse na categoría os de Chapela aínda lle deron guerra aos de Redondela.

Terceira División Nacional

CIDADE DE NARÓN – S.D. PAZOS DE BORBEN FS (1-2)

Os de Cernadas suben un chanzo e sitúanse de cuartos despois da vitoria na súa vista ao Cidade de Narón. Explican en Redes sociais que a vitoria foi sufrida, pero que rematou en vitoria gracias ao gol de Jacobo a falta de doce segundos. Suman tres valiosos puntos e a próxima xornada tentarán continuar na senda da vitoria. Reciben ao Leis Pontevedra F.S. “B”, equipo na parte baixa da táboa.

Goleadores:  Alfredo (23’) e  Jacobo (40’).

Preferente Futgal, 2

REDONDELA F.S. RODAVIGO  – AREALONGA FS CHAPELA  (5-4)

O derbi redondelán saldouse cunha vitoria para os de Santiago Sobrino o que lles permite subir un chanzo na clasificación xerla e situarse de cuartos, a un punto do Baiña. Un partido intenso que os de Chapela, recen estreados na categoría, souberon poñer difícil.

Na próxiuma xornada o Redondela visita ao CVC Valladares e o Arealonga recibe ao Poio Pescamar F.S.

CAMPITO CHAPELA FS –  PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S.  (3-11)

Derrota ampla do Campito na casa ante o Pizarras. Os ourensás marcaron 8 goles en 24 minutos e lonxe de desanimarse os de Chapela conseguían marcar  o primeiro gol no minuto 29 (Pablo), un marcador que era case imposible de igualar e que conseguiron deixar en 3-11 no minuto 36.  A próxima xornada visitan As Neves FS, equipo forte situado de quintos e a moita distancia do Campito.

Goleadores: Pablo (29’), Ismael (32’), Alejandro (34’).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará