Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Praza de Abastos mobiliza unha gran marea de solidariedade cos afectados pola Dina

recollida mercado recortado

En cuestión de horas o mercado local reuniu centos de kilos de produtos de primeira necesidade nunha recollida que se prolongará ata as 17:30 horas de mañá mércores. Os promotores da iniciativa, a asociación de praceiros de Redondela, comprométense a facer chegar todo este material aos afectados “se non é posible agora por unha cuestión loxística será dentro de 15 días ou dentro dun mes” e convidan á cidadanía a seguir achegando as súas doazóns.

O punto de recollida da Praza de abastos continúa enchéndose de solidariedade. A veciñanza acudiou masivamente ao chamamento dos praceiros e praceiras que decidiron poñer en marcha esta iniciativa para axudar tamén na distancia, a todas esas persoas afectadas polas inundacións no Levante.

Nas últimas horas a Federación Española de Municipios e Provincias ( FEMP ), de acordo coas autoridades valencianas e ante os problemas de loxística e distribución acosellaba que a axuda se centrase nas doazóns económicas. Con todo, a Asociación de Praceiros decide manter a recollida porque son conscientes de que “todo este material vai ser necesario, senón agora si a medio prazo”. Animan á veciñanza a que continúen achegando as súas axudas e comprométense a trasladar todo o recollido aos lugares onde se precisa. O voceiro do colectivo, Xulio Lorenzo insiste “todo o recollido neste iniciativa vaise facer chegar aos destinatarios en perfecto estado”.

Xulio Lorenzo

Material de limpeza (luvas, botas de auga, caldeiros…) son os produtos máis demandados pero tamén se están a recoller produtos de hixiene persoal (cueiros de bebes e adultos, compresas) e alimentos de primeira necesidade como leite, auga, conservas, calcetíns e sacos de durmir. En día e medio recolleuse ao redor de mil kilos que están almacenados no propio mercado.

Unha vaga de solidariedade dos redondeláns cos damnificados pola Dina que azoutou as zonas do levante e que continuará ata a tarde de mañá en horario de 7:30 a 17:00 horas. Unha resposta que enche de satisfacción aos organizadores “estas situacións sempre sacan o mellor do xénero humano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará