Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR OPmobility moi preto de volver liderar a liga

465272288_1078611984273728_1584470474618540405_n

Foto de Patry Rivas

O equipo sénior masculino da SAR de Primeira Autonómica venceu na casa, no Pavillón Municipal de A Bomboneira, ao Bueu Atlético cun resultado de 28 fronte a 20. Esta vitoria permítelles seguir escalando na táboa e sitúanse de segundos, empatados a 8 puntos co Valinox Novás B.

Os do Rosal só superan aos de Redondela en número de goles marcados por partido, pero ambos equipos suman catro vitorias nas cinco xornadas que levamos de tempada.

En redes sociais a SAR mostraba a súa satisfacción por “regresar á senda da vitoria tras o seu enfrontamento contra o Bueu Atlético BM”, despois da única derrota ata o de agora contra o BM Linea21 Lignum Plus. O partido foi moi disputado na primeira metade. Ambos equipos pelexaron cada balón e chegaron ao descanso empatados 13-13, reflectindo a igualdade no xogo. Na segunda parte, a SAR OPmobility axustou a súa estratexia, corrixindo erros e mostrando un xogo máis sólido. Isto permitiulle abrir brecha no marcador, mantendo o control ata o final do partido. Grazas a estes axustes, levaron a vitoria cun amplo marcador de 28-20 e celebraron un triunfo importante na casa ante a afección.

A seguinte xornada será na pista do UB Lavadores, oitavos na clasificación xeral.

Primeira Autonómica Masculina

O GROVE PARAISO RASOEIRO BM – BALONMAN CHAPELA 1 (23-23)

O sénior masculino do Balonmán Chapela suma un punto tras o empate no Pavillón Novo Monte da Vila fronte o Rasoeiro. Sitúanse de sextos con dúas vitorias, un empate e dúas derrotas. A próxima xornada xogan na casa. Reciben ao Luceros B, pechancelas do grupo, no Pavillón Municipal Manuel González Soto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará